Como apareceron a lúa e as nubes

19:44 Vanesa Santiago 0 Comentarios

O día en que naceu o gato, non había lúa: nin chea, nin baleira, nin con cuarto, nin sen cuarto. Simplemente, non había. Tampouco había nubes. Só ceo… ceo… ceo… Aquí vai a historia de cómo apareceron esas cousas: 

O primeiro gato do mundo, a parte de ser o primeiro gato do mundo, tamén era o primeiro despistado. Pero que gato tan despistado! Nin co paso dos séculos apareceu outro igual: Polas noites, adormecido, despois de pasar todo o día vagabundeando por aí, en vez de deitarse coa cabeza na almofada do leito e os pés debaixo das mantas, poñía a cabeza debaixo das mantas e os pés na almofada. Ó almorzar, sempre se lle ía o leite no pote onde a quentaba, e no vaso. Despois, os cereais que lle botaba sempre quedaban estrados pola mesa. Por iso Deus concedeulle sete vidas; sempre que morría, dáballe outra oportunidade, pero á sétima cansou e non quixo resucitalo. E por iso foi ao ceo cunha caixa de leite fervido crendo que eran os seus cartos. Como era tan despistado…! Cando chegou ós límites do ceo, a caixa abriuse e caeu o leite, quedando présa no límite e converténdose despois dunhas horas en queixo máxico, pois no ceo todo é máxico: brillaba e, cando estaba todo comido, de alí a algúns días volvía ir crecendo; despois, cando estaba completo, todo volvía comezar.

Ese queixo ía coméndoo o gato despistado, e era a lúa. Ó fume que despedía, pois fora leite fervido, chamaríaselle logo “nubes”. 

E así apareceron a lúa e as nubes.

[Ano 1995. Vanesa Santiago]

0 comentarios: