Culturgal 2015, alá imos!

14:20 Vanesa Santiago 0 Comentarios

Outro ano máis Urco Editora terá presenza cun posto-expositor no Culturgal 2015, evento que nos últimos anos se ven celebrando no mes de decembro na cidade de Pontevedra. E, por segundo ano consecutivo, pasareime polas instalacións para parolar un anaquiño sobre a fauna de Ninguén lembra coas lectoras e lectores que o desexen, ademais de, abofé, asinar o exemplar do libro a quen mo pida!

Cando exactamente? O domingo 6 de decembro ás 17 horas no posto de Urco Editora! Vémonos!


0 comentarios: